A boirense Charo Lopes, Premio de Poesía Cidade de Ourense

09 Xullo 2019

20190709 A escritora María del Rosario López Sánchez, coñecida como Charo Lopes, vén de gañar o Premio de Poesía Cidade de Ourense, 35 edición. Charo, nada en Boiro no 1988, fíxose finalmente co galardón do certame grazas ao poemario Álbum, que foi elixido por unanimidade polo xurado (reunido este 5 de xullo) nun certame no que concorreron até 49 autoras e autores de ámbalas beiras da raia galego-portuguesa.

O xurado salientou o carácter directo de Álbum e a súa estética “clara e coherente”, que permiten establecer un rico diálogo con quen se achegue aos poemas que acubilla.

Charo é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e ten estudos de fotografía na Escola de Artes Antonio Failde, onde formou parte da creación da revista Caleidoscopia.gal. En 2015 obtivo o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, por De como acontece a fin do mundo.

O xurado estivo composto por Carlos da Aira, gañador da pasada edición con Prender os fachos, compoñer os ósos; Celia Pereira, activista cultural; Rochi Nóvoa, poeta ourensá, e Mónica F. Valencia, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense. O galardón ten unha dotación económica de 6.000 euros e a publicación do libro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.