A Biblioteca de Ribeira celebra o verán con novidades para grandes e pequenos

10 Xullo 2019

20190710 Estamos no verán, por se alguén non se decatou, e a lectura vén máis a conto ca nunca. Por que motivo? Pois, polo xeral, porque hai máis tempo de lecer para nenos e maiores e, sobre todo, máis horas de luz (en todo o sentido do termo “luz”). A Biblioteca Municipal de Ribeira está a celebrar estes días “iluminados” cunha serie de importantes novidades.

Por exemplo, a inclusión no catálogo local das obras completas de Tom Sharpe (1928-2013), o autor das incríbeis andanzas de Wilt, divertidas sátiras do establishment político, social e cultural inglés, ás que cómpre engadir as súas importantes contribucións contra os extremismos, o racismo ou as enleadas kafkianas da burocracia. Tom Sharpe foi traducido a dúas ducias de idiomas e ten vendidos (en vida e despois do seu falecemento hai só seis anos) máis de 10 millóns de exemplares.

A homenaxe a Tom Sharpe da Biblioteca de Ribeira complétase estes días con outro tributo: unha celebración da literatura infantil e xuvenil. No feixe de novidades de libros para a rapazada atópanse lanzamentos recentes tan destacados como Carabuñas, As aventuras de Osiño, O home que contaba estrelas, ou tamén relatos clásicos (e imperecedoiros) como Os tres porquiños. “Estas novidades”, sinalan dende Biblioteca, “van destinadas a conseguir que as nenas e nenos sigan tendo na biblioteca un punto de encontro co ocio e a cultura durante o verán”. Dende o centro de consulta e lectura tamén anuncian que en outono volverán os contacontos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.