Youtubeir@s Rianxeir@s visualiza nas redes a lingua galega e os talentos locais

05 Xuño 2019

O certame Youtubeiras.gal, o concurso destinado a ateigar as redes (poñendo o foco no YouTube e na nosa mocidade) de vídeos en galego, ten este mes de xuño dúas grandes citas para xerar máis comunidade youtubeira, impulsar o radio de acción do certame e optimizar ao máximo as contribucións. O concurso, que está mergullado na súa terceira edición (baixo un epígrafe que fala por si só da arela renovada de espallamento: Conéctate á comunidade e multiplícate), celebra este 8 de xuño na Coruña unha cita de convivencia, creatividade e debate. Quen queira presentar contribucións ao certame ten todo o verán para facelo (até o 27 de setembro). Entre as entidades impulsoras atópase o Concello de Rianxo, que ten canle propia youtubeira onde se dá conta dos logros audiovisuais da xente local e das accións formativas que contribúen a que eses logros teñan un extra de pegada online. Á fronte de Youtubeir@s Rianxeir@s, argallando obradoiros e botando leña ao lume do talento local, atópanse Román Castaño e Miguel Silva.

A maiores, tamén suman esforzos para que tanto a lingua galega como o concello no que residen (e as súas historias) teñan a máxima visibilidade nas redes. E non só facendo fincapé na creatividade da xente nova, senón tamén na dos maiores de Rianxo. Seguindo este fío, celebraron este ano diversas actividades de traballo con veciñas e veciños de máis de 50 anos, impulsando o seu bo facer diante ou detrás da cámara, e a experiencia foi cualificada de “xenial” e “moi positiva” por parte dos promotores das xuntanzas.

A idea, basicamente, é seguir o importante ronsel deixado por contribucións tan destacábeis como a da webserie As Cousas do Choio, premiada na anterior edición de Youtubeir@s e finalista nos Mestre Mateo. Como lembraremos,  As Cousas do Choio é unha serie rianxeira que relata o día a día dun personaxe real, Juan Frieiro, tamén coñecido como Juan O Choio, avó do director (Román Castaño), quen nos diferentes capítulos pon en práctica diversas técnicas para afrontar desafíos cotiáns aos que todas e todos deberemos enfrontarnos algún día: como dar cartos ás agachadas ou como escaquearnos dunha comida familiar.

Concellos participantes e actividades previstas

Amais do Concello de Rianxo, no concurso participan tamén os servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua.

Unha das grandes novidades deste ano foi a posta en marcha de recursos extra para facer medrar o número e a calidade de vídeos e persoas creadoras en galego, amais de fortalecer as conexións e as interrelacións da comunidade que producen contido en Youtube. Froito destes obxectivos convocáronse as dúas xuntanzas devanditas.

A primeira delas, Youtubeir@s en conexión, celebrarase o vindeiro 8 de xuño na Coruña e estará aberta á participación de todas as persoas que no panorama galego creen vídeos no Youtube. A finalidade é achegar un espazo para reflexionar sobre o panorama creativo nesta plataforma dende varios ámbitos, a cuestión lingüística na Rede, a perspectiva temática ou o eido de fomento de públicos. Esta xornada de convivencia, dinamizada por Ben Curiosa (equipo de profesionais ao servizo do coñecemento e a creatividade en común) celebrarase entre as 10.30 e as 13.30 horas no Centro Cívico Cidade Vella da Coruña (Rúa da Veeduría, 2). As prazas para participar son limitadas e cómpre inscribirse a través de formacion@youtubeiras.gal.

O segundo evento, Lista de reprodución ao vivo, será o 28 de xuño entre ás 18.00 e ás 20.00 horas no edificio CEA (Centro de Estudos Avanzados) da USC (Finca de Vista Alegre, Santiago de Compostela). Esta cita quere emular o espírito das bibliotecas viventes ou mesmo as partidas de xadrez simultáneas, de xeito que as persoas creadoras agardarán no seu posto as visitas dos/as “espectadores/as”. Esta será a metodoloxía: cada youtubeir@ levará temas preparados para analizar e o público, que irá rotando entre os diferentes postos, poderá facer preguntas e interactuar cos chamados “vídeos vivos”. Cada un destes encontros durará un máximo de 20 minutos. Ao final desta rolda individual, abrirase a todo o público para poñer en común e compartir experiencias. O acto estará dinamizado por Xandobela (profesionais da educación e da dinamización sociocultural). O público que desexe participar deberá inscribirse antes do 26 de xuño a través do correo formación@youtubeiras.gal.

Outros artigos

Comezan as saídas ao balneario de Cuntis do programa Rianxo Termal

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Política Social, Ana Vidal, despediron este xoves 13 de marzo aos veciños e veciñas que participan no programa Rianxo Termal 2025. O programa consiste en catro saídas ás Termas de Cuntis nos meses de marzo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...