Visita á illa de Ons o domingo, con saída da Pobra do Caramiñal

21 Xuño 2019

20190621. A Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal organiza viaxes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas desde o municipio, en catamarán, durante o verán.

A primeira visita terá lugar este domingo, 23 de xuño, á illa de Ons. A saída está prevista para as 09.00 horas do porto náutico pobrense e o regreso será ás 18.30 horas aproximadamente. Cada adulto deberá pagar 21 euros e cada neno de 4 a 12 anos, 12 euros. O importe inclúe o trasporte de ida e volta, así como unha ruta guiada.

Os interesados aínda están a tempo de reservar a súa praza. Deberán facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, número de documento de identificación e data de nacemento. O pagamento realizarase proporcionando o número de tarxeta, para despois recibir un correo electrónico coa confirmación da compra, a cal se deberá presentar no barco o día da viaxe para retirar os billetes. Ademais, antes de comprar o billete, é preciso solicitar a autorización de acceso ao Parque Nacional, na páxina web www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal.

As próximas visitas serán ás illas Cíes o domingo, 30 de xuño, con saída ás 09.00 horas e regreso ás 19.30 horas aproximadamente, cun importe de 25 euros os adultos e de 15 euros os nenos de 4 a 12 anos; e á illa de Sálvora o domingo, 7 de xullo, con saída ás 09.30 horas e chegada ás 18.30 horas aproximadamente, cun prezo de 20 euros cada adulto e de 10 euros cada neno de 4 a 12 anos.

Para máis información poden visitar o punto de información turística da Pobra instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas; no segundo andar do edifico do Concello, en horario de luns a venres  pola mañá; chamando aos números de teléfono 671090262 ou ao 687482835; na páxina de Facebook oficial de Turismo, chamada Turismo A Pobra do Caramiñal; ou na web municipal www.apobra.gal.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.