Usuarias de AMBAR derruban fronteiras a través do baile

07 Xuño 2019

COMunidade foi o título elixido polas usuarias da Asociación AMBAR para a súa actuación enmarcada no programa do Xuño da Cultura e as Artes de Ribeira. As seis participantes mesturaron diversas danzas rexionais e tribais ofrecendo así unha proposta que logrou rachar as barreiras desta sociedade na que o egoísmo individual tenta perdurar no tempo. Unha función que gozou de gran aceptación entre os espectadores.

Aínda que estaba previsto que a actividade se desenvolvese na rúa de Galicia, tivo que ser trasladada á sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas por mor do mal tempo consecuencia da cicloxénese explosiva que azoutou a comunidade galega durante a xornada de hoxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.