Un premio con final solidario

28 Xuño 2019

20190628. Na pulpería A de Quin realizaron onte o sorteo entre as seis persoas que acertaron a porra de quen sairía elixido como alcalde en Boiro, así como do número de concelleiros que acadaría cada grupo político na corporación municipal.

A partir das 21.00 horas comezou a chegar xente ao establecemento hostaleiro entre os que atopaban clientes habituais, representantes dalgunhas das formacións, os finalistas de dito sorteo, curiosos e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Os seis posibles gañadores eran Juan José Fajardo, Jesús María Piñeiro, Nuria Calo, Julio Pardela, Enrique Triñanes e Francisco González. Este último foi o agraciado despois de que o rexedor boirense exercera de man inocente sacando a súa papeleta da urna ao redor das 21.45 horas. O premio, valorado en 1.200 euros, consistía nunha caixa de polbo, un baúl de gambas, estancias en casas de turismo rural e xantares en diferentes restaurantes, entre outros. Francisco González manifestou que “non me esperaba que fora o gañador” e que todo irá destinado a Cáritas.

Quin Riveiro, propietario do establecemento que levou a cabo esta curiosa iniciativa, explicou que das 1.000 papeletas acertaron 28 persoas os edís, pero 21 puxeran como alcalde a Juan José Dieste e 1 a Manuel Velo. Deste xeito, foron seis persoas as que tiveron o bo ollo de acertar respecto das actas e mandatario. Ademais, Riveiro declarou que o que comezou sendo unha broma tivo unha gran repercusión, pois chegou ao coñecemento de medios de comunicación nacionais. Así mesmo, manifestou que esta idea foi concibida como un xeito de “acercar a política á xente, de sacarlle ferro ao asunto”, co cal se converteu tamén nunha iniciativa pedagóxica.

Outros artigos

A banda de Boiro Agoraphobia volve con “Eyes Never Lie”

Volve a banda boirense de indie-rock Agoraphobia, formada por Susana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo). Sen ir máis lonxe xoves 13 de febreiro lanzaron no Youtube o tema adianto do seu novo traballo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...