Un incendio ocasionado no IES Félix Muriel obriga a evacuar o centro

21 Xuño 2019

20190621. Ás 12.30 horas o 112 recibiu unha chamada alertando dun incendio no instituto rianxeiro Félix Muriel, o cal tivo que ser evacuado. Ata o lugar mobilizáronse Garda Civil, Policía Local, Protección Civil de Rianxo, 061, e os bombeiros dos parques de Boiro e de Ribeira, aínda que estes últimos deron volta de camiño porque xa acudían os boirenses.

Os Bombeiros de Boiro indicaron que procederon á extinción do incendio orixinado no faiado do centro, controlándose finalmente sobre as 13.15 horas. Ás 14.20 continuaban no emprazamento realizando os labores de ventilación para rematar a actuación. Finalmente, non foi necesaria atención sanitaria.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.