Sálvora inaugura este venres as visitas guiadas estivais ás Illas Atlánticas

20 Xuño 2019

20190620 Aviso a visitantes e residentes: quen queira coñecer os segredos da illa de Sálvora vai ter unha boa oportunidade de facelo. Segundo fixo saber hoxe a Consellería de Medio Ambiente, ao longo deste verán ofertaranse preto de 19.500 prazas para coñecer o patrimonio natural e ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

As persoas que queiran participar na experiencia e poñer pé no arquipélago contarán ademais co privilexio de facelo da man dun guía acreditado. Este 21 de xuño, sen ir máis lonxe, comezan as singraduras á máis famosa das illas de Ribeira, con perdón de Vionta, Rúa e Noro, baixo o epígrafe Sálvora: unha illa de esculturas e lendas. A través desta visita, unha ducia de persoas coñecerán de preto da historia e a natureza desta importante paraxe natural (Sálvora) a través dun percorrido polas súas principais rochas e esculturas.

Todas estas experiencias forman parte da actividade de verán Descubrindo o Parque Nacional, que ofrecerá ao longo do verán máis de 1.400 excursións aos arquipélagos de Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora.

Nas illas de Ons e de Cíes estas visitas desenvolveranse todos os días, agás que as condicións meteorolóxicas ou algún imprevisto obriguen a anulalas, durante o período que vai do 1 de xullo ao 15 de setembro. No caso de Cortegada, haberá rutas os luns ou os martes (en función da marea, xa que só se accede a esta illa con marea alta) desde o 1 de xullo até o 9 de setembro, e no de Sálvora, están programadas (dende o porto de Aguiño) para todos os luns, mércores, venres e sábados comprendidos entre o 21 de xuño e o 2 de setembro. Amais, Medio Ambiente informa de que “con independencia da illa de destino”, todas as excursións estarán dirixidas por guías do Parque Nacional con máis de 15 anos de experiencia e organizaranse sempre para grupos reducidos (arredor dunha ducia de persoas en cada quenda) co fin de “garantir a máxima calidade da visita a este espazo protexido”.

Os visitantes e residentes interesados en participar nalgunha ruta deberán solicitar a súa praza a través da web da central de reservas habilitada polo Organismo de Parques Nacionais de España www.reservasparquesnacionales.es. Tamén se poderá cubrir esta solicitude acudindo en persoa ao edificio Cambón, sede do Parque Nacional en Vigo.

Ao longo do verán ofertaranse case 500 prazas divididas en 40 rutas pola illa de Sálvora e outras 129 para participar nalgunha das 10 visitas previstas en Cortegada. Quen queira consultar o calendario no que se detallan datas e prazas dispoñíbeis, está habilitado na páxina web da Consellería de Medio Ambiente.

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.