Proxenitores do CEIP Santa Baia recollen firmas en apoio as súas demandas

24 Xuño 2019
Cedida pola ANPA do CEIP Santa Baia

20190624. Os proxenitores dos escolares do CEIP Santa Baia instalaron o sábado, 22 de xuño, un punto de recollida de firmas na rúa Santos Mieites de Boiro. Destaca o feito de que nun só día conseguisen un total de 500 sinaturas, sen contar as dos papeis distribuídos en diversos locais comercias e o aparcamento do municipio. Deste xeito, recompilaranse todas o mércores para, posteriormente, envialas aos responsables de educación da Xunta de Galicia.

Ademais, mantiveron un encontro co alcalde boirense, José Ramón Romero, e coa concelleira de Educación, quen lles comunicaron o seu apoio.

Así mesmo, Elena García Blanco, membro da directiva da ANPA e representante de pais no Consello Escolar do centro, indicou que están barallando a posibilidade de facer unha acción conxunta co EEI Fernández Varela da Pobra do Caramiñal co propósito de visibilizar a súa situación, xa que “temos un sentir común entre as ANPAs de Boiro e da Pobra, pois estamos ante un caso moi semellante que é de recorte no ensino público e algo hai que facer.”

Polo de momento, non teñen resposta á súa solicitude de reunirse con Indalecio Cabana, xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na provincia de A Coruña, co obxectivo de trasladarlle directamente a súa queixa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...