Protesta en contra dos recortes no colexio pobrense EEI Fernández Varela

17 Xuño 2019
Cedida por proxenitores do EEI Fernández Varela

20190617. A entrada do EEI Fernández Varela, na Pobra do Caramiñal, foi escenario esta mañá dunha protesta para evitar que supriman outra unidade en educación infantil. A situación remóntase ao pasado ano cando se eliminaron tres prazas, pasando de dúas clases con 11 nenos e nenas cada unha, a unha única con 22 alumnos. Ana Otero Pérez, nai dun escolar, explicou que estes cambios nótanse na atención dos cativos, a pesar de que o profesorado fai todo o posible, pero “non é o mesmo.”

Tamén sinalou que fixeron un escrito que contou co apoio dos diferentes grupos políticos da corporación municipal, o cal foi remitido á Inspección Educativa, organismo dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, cuxa resposta foi que se guían por táboas e que é a súa obriga se o centro educativo non chega a eses mínimos. Por iso os proxenitores, a directiva do centro e mais a ANPA loitan co obxectivo de reverter a situación.

Este venres manterán unha reunión con Indalecio Cabana, xefe territorial da Consellería na provincia de A Coruña, co propósito de trasladarlle as súas queixas e tentar buscar unha solución.

Outros artigos

Novos pasos para a materialización do futuro centro de saúde de Noia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou a semana pasada a localidade de Noia, onde foi recibido polo alcalde, Fran Pérez, e membros do Goberno municipal. A visita produciuse poucos días despois de que a Consellería de Sanidade solicitase formalmente...

+

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Volve o Concurso de Pintura ao Aire Libre de Noia

O vindeiro sábado 12 de setembro, Noia volverá converterse nun gran lenzo ao aire libre coa celebración do XVIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Juan José Fernández Leiceaga, Sesé”, organizado polo Concello, que informou que🖌️ ao abeiro deste certame...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.