Os ultratrailers dos 100 dos International Trekkers bótanse este sábado ao monte

21 Xuño 2019

20190621 Esta finde celébrase na comarca a edición 2019 dos 100 dos International Trekkers, a ultra-andaina de camiñantes máis longa (son 100 quilómetros), máis completa e probabelmente máis famosa de cantas se celebran en Galicia. Os motivos non son poucos, e máis tendo en conta que a ruta non discorre precisamente por unha chaira.

Este ano, para garantir a máxima participación, os organizadores apostaron por principiar en terreo doado, máis ou menos a primeira parte do trazado, para logo botarse directamente ao monte: a serra do Barbanza coas súas costas rompepernas. O resultado é unha gráfica co perfil de ruta que é un ir de menos a máis. Segundo puidemos comprobar na web da ultra-andaina, este sábado parten da liña de saída 276 ultra-corredoras e ultra-corredores.

A experiencia será finalmente un continuo discorrer montañeiro polos principais espazos naturais e paisaxísticos dos sete concellos: Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Porto do Son, Lousame e Noia. A saída será o día 22 na praza de España de Ribeira e a chegada ao día seguinte, pola tarde, no pavillón deportivo de Coroso de Ribeira, logo de percorrer a costa comprendida entre Ribeira e Pobra, meterse un treito costa arriba (bordeando por detrás o monte da Meda) e baixar logo para Boiro, Ponte Beluso, Moimenta, Iroite e a serra do Barbanza até o monte de San Aberto, xa preto de Ribeira.

Os 100 dos International Trekkers, para quen non o saiba a estas alturas, é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 quilómetros a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.