Os polígonos de Ribeira e Boiro recibirán axudas de 240.000 euros para o seu acondicionamento

11 Xuño 2019

Os polígonos industriais de Ribeira (Xarás) e Boiro (Espiñeira) van recibir arredor de 240.000 euros da Xunta para mellorar en equipamentos e infraestruturas. Así o comunicou o Goberno galego (a través da Consellería de Economía) a finais do pasado mes de maio, explicando que boa parte das contías irán destinadas a optimizar a rede viaria dos complexos empresariais. As axudas destinadas a Ribeira e Boiro forman parte dun paquete no que se inclúen outras 55 iniciativas programadas para este ano en toda a xeografía galega (51 concellos). O orzamento total dos investimentos é de 5,34 millóns de euros.
En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.
Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) terá como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia (6), para plantas de depuración de auga, xestión de residuos e colectores con vertidos á depuradora municipal (8) ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5). Desenvolveranse en 51 concellos galegos, dos que 32 son Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles municipios adheridos ao convenio entre Xunta e FEGAMP para impulsar a captación de novos investimentos empresariais (e que foron prioritarios á hora de recibir as axudas).
As actuacións que se van levar a cabo no polígono de Xarás terán un investimento total de 119.600 euros, sendo as axudas de 95.680,06 euros.
Polo que respecta a Espiñeira, serán dúas actuacións cun investimento total de arredor de 177.000 euros, sendo as axudas da Consellería de Economía de arredor de 143.000 euros. Tanto Boiro como Ribeira están recoñecidos como Concellos Emprendedores.

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.