O sábado celebrarase unha nova edición da Regata Frinsa

26 Xuño 2019
Cedida por Juan Caballero

20190626. O Club Náutico Deportivo de Ribeira presentou nas súas instalacións unha nova edición da Regata Frinsa, a XIX baixo o patrocinio de Ramiro Carregal Rey, quen presidiu o acto acompañado polo presidente do club ribeirense, José Luís Torres Colomer; o seu Comodoro, José Luís Lomba; e o do Real Club Náutico Portosín, Fernando González.

Carregal comentou “esta regata que eu creei por ser o Fundador e o Primeiro Presidente do Club Náutico de Ribeira, naceu na illa de Sálvora, que eu administrei durante 41 anos.”

Esta cita disputarase nunha única xornada, a deste sábado 29 de xuño, e a listaxe de participantes crece a medida que se achega o día. De feito, a organización calcula ao redor do medio centenar de embarcacións.

Tres percorridos costeiros alternativos son os trazados que contempla o Comité da Regata Frinsa que, dependendo das condicións de mar e vento, navegarán nunha derrota na que sempre terán por referencia a illa de Rúa.

Ademais, grazas ao número de veleiros inscritos poderanse establecer ata tres Grupos que navegarán baixo as Divisiones de Regata, Crucero-Regata e Crucero.

Así mesmo, anunciaron que o Club Náutico Deportivo de Ribeira levará a cabo a inauguración oficial do seu cuarto embarcadoiro, o cal será bautizado co nome de Ramiro Carregal Rey. Dita nova infraestrutura ten unha lonxitude de 83 metros e foi construída por AISTER. Deste xeito, ofrecerá novos servizos de amarre para embarcacións de grandes esloras grazas á autorización de Portos de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.