O revolucionario proxecto de normalización do galego do IES da Pobra, Premio Rosalía de Castro

21 Xuño 2019

20190621

A Deputación da Coruña fixo públicas onte as entidades distinguidas este ano (décima edición) cos Premios Rosalía de Castro. Trátase do portal web científico-tecnolóxico GCiencia e máis o proxecto 21 Días co Galego, posto en marcha no 2013 dende o IES da Pobra para normalizar a presenza activa da nosa lingua cunha metodoloxía innovadora: convidando ao alumnado a vivir tres semanas enchoupándose de galego en todos os seus quefaceres diarios.

O certame da Deputación, que busca recoñecer e visualizar iniciativas que vivifiquen a nosa lingua en todos os ámbitos culturais, sociais, económicos, tecnolóxicos ou científicos, recoñeceu a Gciencia polo seu “papel na difusión do galego” e 21 Días co Galego polo seu “traballo de animación ao uso da nosa lingua na mocidade”.

Máis en detalle, o xurado decidiu outorgar o Premio Rosalía de Castro na categoría de colectivo, entidade ou asociación que máis destaca na promoción da lingua galega ao portal GCiencia dirixido por Pablo López e Eduardo Rolland por “contribuír á visualización e ao prestixio da lingua galega no ámbito da divulgación científica, a través dun medio de comunicación que é un dos máis visitados en lingua galega”.

Na categoría que recoñece o traballo específico coa nenez e a mocidade, o gañador resultou ser a iniciativa 21 Días co Galego, ideada e coordinada dende o IES da Pobra do Caramiñal pola profesora Pilar Ponte Patiño, que contou na súa última edición co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O xurado valora unha proposta que considera “pioneira para combater os prexuízos e estereotipos que se consolidou, estendeu e mesmo inspirou outras, referente no apoio á promoción do uso do galego entre a mocidade”.

O xurado estivo composto por persoas implicadas no ámbito da normalización lingüística como Xesús Manuel Mosquera Carregal, Julia Rigueiro García, Beatriz Vilaverde Santamariña, coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, como presidenta e a técnica de normalización lingüística, Dores Sánchez Alegre, como secretaria.

Máis sobre GCiencia

Gciencia naceu en novembro de 2013 da man un equipo de profesionais da información co obxectivo de achegar a ciencia e a tecnoloxía ao conxunto da sociedade galega. Ao longo da súa traxectoria, gciencia.gal converteuse no nativo dixital máis lido de Galicia e o quinto de todos os medios galegos na Internet, ademais do primeiro en galego. Conta cunha audiencia mensual superior aos dous millóns de visitas e aos 360.000 usuarios únicos (datos a novembro de 2017).

Máis sobre 21 Días Co Galego

Neste proxecto, ideado pola profesora Pilar Ponte (A Pobra), participaron este ano 1.316 alumnos e alumnas dos institutos A Pontepedriña (Santiago de Compostela), Antón Alonso Ríos (Tomiño), Ramón Otero Pedrayo (Ourense) e Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) que se comprometeron a falar galego as 24 horas do día durante as 21 xornadas. A experiencia difundiuse por medio de vídeos a través do blog 21diascogalegoemais.gal e nas redes sociais do programa. A canle de YouTube rexistrou unhas 15.500 reproducións dos vídeos elaborados polo alumnado e a páxina de Facebook foi vista por 7.634 persoas diferentes, cun alcance da campaña en Twitter de 14.900 persoas.

A iniciativa, como dixemos, ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte. Desde entón, desenvolvéronse cinco edicións máis deste proxecto que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As diferentes edicións da experiencia didáctica, ligadas á Pobra do Caramiñal a agora con capacidade de extensión a outros institutos da nosa terra, incluíron todo tipo de actividades lúdicas e didácticas, inauguradas por un dos grandes persoeiros na nosa cultura: o tristemente falecido escritor Agustín Fernández Paz, que elaborou para o proxecto un sentido vídeo de saúdo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.