O PSdeG-PSOE ribeirense votará polo seu candidato no pleno de investidura

11 Xuño 2019

Os socialistas de Ribeira acordaron na asemblea extraordinaria celebrada o sábado votar polo seu cabeza de lista, José Manuel Vilas, e non apoiar ao PP nin ao PBBI no pleno de investidura. Ademais, nesa xuntanza contaron coa presenza do Secretario Provincial de Organización, José Manuel Lage Tuñas.

Así mesmo, fixeron autocrítica e recoñeceron que “os resultados non foron os esperados, recoñecendo que a campaña se polarizou entre os dous partidos de dereitas”. Tamén determinaron elaborar a partir de setembro un Plan Estratéxico co obxectivo de renovar o partido, reforzalo coa incorporación de novos simpatizantes e militantes, así como impulsar unha acción institucional que permita visualizar o “intenso traballo político do partido.”

Agora pretenden  “prepararse para ser unha forza política decisiva nos vindeiros catro anos, priorizando a renovación do proxecto político e reforzando o partido para chegar a mellores condicións á cita coas urnas no ano 2023.” Desta maneira, indican que priorizarán os proxectos estratéxicos para Ribeira, servindo como interlocutores co goberno da Deputación Provincial e co Goberno de España, encabezados polo PSOE.

Respecto das demais agrupacións, expresaron que a decisión “non é incompatible, en ningún caso, con seguir dialogando co resto de forzas políticas” para a elección do próximo día 15 e que se o resto de formacións deciden apoiar o seu proxecto, están dispostos a constituír un goberno municipal en minoría, apoiándose nos grupos que “desexen acompañarnos neste proxecto e negociando con eles a cota de responsabilidade e participación necesarias para conseguir un modelo de cidade diferente.” Do mesmo xeito, fan fincapé en “evitar repetir os erros do pasado” cando fai catro anos non se constituíu un goberno de esquerdas “levándonos a vivir outros catro anos de máis do mesmo e cos mesmos no poder municipal.”

Outros artigos

Ribeira busca terreos para albergar o novo centro de saúde

O Concello de Ribeira buscará parcelas adecuadas no centro da cidade para a construción do novo centro de saúde. Estas parcelas deben estar ben situadas e con fácil acceso ao transporte público. Cando se sitúen, ofreceranse a Sanidade para a construción do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...