O ‘Portfolio Galicia’ exhíbese no Museo Valle-Inclán

10 Xuño 2019

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal escolleu como peza destacada deste mes o Portfolio Galicia, do que foi editor Pedro Ferrer. Este impresor e pioneiro da fotografía en Galicia desenvolveu un labor inxente na popularización da fotografía artística e na democratización da arte abríndoa a novos usos.

O libro correspóndese cunha segunda serie, resultado da suma de 25 cadernos que foron repartidos no seu día a modo de fascículos con periodicidade mensual. Destaca o fotogravado número 185 titulado Puebla del Caramiñal.― El Muelle, panorámica tomada a vista de paxaro que o propio Ferrer atribúe a si mesmo acompañada do texto “Obra notable de ingeniería, uno de los mejores de Galicia por ser abrigado y de excelente fondeadero.” Polas mesmas datas, o peirao foi captado tamén polas cámaras de Hermógenes Garita, colaborador habitual do gabinete de Ferrer antes de que establecese o seu estudio profesional na vila pobrense.

A mostra pode visitarse de balde ata finais deste mes en horario de martes a sábado de 11.00 ás 13.00 horas e desde as 18.00 ás 20.00 horas. Os domingos, luns e festivos permanece pechado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.