O espectáculo de Raquel Queizás conquista aos cativos na Feira do Libro ribeirense

14 Xuño 2019

Máis dun cento de nenos e nenas acudiron ao espectáculo que a contacontos Raquel Queizás ofreceu este mediodía na Feira do Libro de Ribeira.

Ademais, a xornada proseguirá coa actividade infantil Contando historias (18.30 horas), a presentación do Club de Lectura Dixital (19.00 horas), a presentación de Compañeira, non serva de Rosario Regueira (19.30 horas) e unha charla coloquio entre Uxía Casal, Antonio Piñeiro e Antonio Tizón (20.30 horas).

A V Feira do Libro estará aberta ata este domingo con horario de xoves e venres de 11.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas, así como sábado e domingo de 12.00 a 14.30 horas e de 18.00 a 21.30 horas. Conta con stands da Libraría Pedreira, a Libraría Cortizas, Ler Libraría da Pobra do Caramiñal e Libraría Cartabón, ademais da Deputación da Coruña.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.