O domingo regresarán as festas da Guía de Carreira

07 Xuño 2019

A parroquia ribeirense de Carreira festexará durante dous días as festas da Guía cunha programación para tódalas idades. As actividades comezarán no campo de fútbol ás 10 horas do domingo 9 de xuño cunha Ruta Cabalar para, ás 12 horas, dar paso a unha exhibición de boxeo pola escola local El Canario. Despois os asistentes poderán degustar churrasco, xurelos e paella ata rematar existencias. Xa pola tarde, ás 18 horas, os máis pequenos da casa poderán esgotar a súa enerxía nos inchables, mentres que ás 21 horas, o dúo carreirán Yesi & Nandi será o encargado de amenizala noite.

Ao día seguinte, luns 10 de xuño, a xente espertará ao son de alborada e pasarrúas a cargo do grupo de gaitas O Rueiro. Ademais, na capela da Guía oficiaranse misas desde as 8 ata as 12 horas e ás 18, 19 e 20 horas. Así mesmo, a Misa Solemne das 13 horas estará cantada polo coro parroquial Nosa Señora da Guía e contará coa tradicional procesión. De 17.30 a 20.30, o Campo da Festa dará cabida a diversas actividades infantís coma obradoiros, globoflexia, maquillaxe e inchables, entre outros.

Finalmente, a partir das 20 horas, a orquestra La Estación será a encargada de despedir as festas como se merecen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...