O documental sobre a escritora Enma Pedreira presentouse no Ateneo Valle-Inclán

27 Xuño 2019
Imaxe da presentación cedida polo Ateneo Valle-Inclán

20190627 A peza audiovisual O Des-en-freo, o documental sobre a escritora coruñesa Enma Pedreira, foi presentada o pasado sábado no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira. Na cita, unha concorrida xuntanza que contou coa presenza da autora, fíxose un repaso por algúns dos fitos máis relevantes da frutífera confluencia entre imaxes e literatura, sendo O Des-en-freo un exemplar punto de encontro entre as dúas linguaxes e outras vías inéditas de expresión. O documental foi dirixido por Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro.

Enma Pedreira (2018) é unha das nosas escritoras máis relevantes do panorama actual, tanto pola calidade da súa obra poética e novelística, como pola cantidade de libros publicados e a variedade das diferentes propostas (ten escrito obras abeiradas á intriga e o misterio dende unha óptica de xénero, como Besta do seu sangue, lanzada recentemente por Xerais, relatos eróticos, como os que se inclúen en Corazón e demais tripas, publicado por Positivas, ou mesmo literatura xuvenil, sendo Os corpos invisibles un bo exemplo disto último).

No documental presentado en Ribeira participan Eli Rios, Beatriz Maceda Abeleira, Antía Marante, David Cortizo Conde, Andrea Jamardo Seijo, Quico Valeiras, María Lado, Lucía Novas Garrido, Míriam Ferradáns e Susana Sánchez Arins.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.