O Concello de Ribeira destina 30.000 euros a axudas de escolarización

07 Xuño 2019

Esta semana aprobouse en xunta de goberno local as bases reguladoras das axudas á escolarización para o curso académico 2019-2020 por parte do Concello de Ribeira. Esta convocatoria conta cunha partida económica de 30.000 euros dirixida á inclusión dos nenos e nenas ribeirenses susceptibles de atoparse en situacións de exclusión social ou con escasos recursos económicos.

As achegas reguladas nestas bases teñen como finalidade o cofinanciamento de diversos servizos. Algúns deles son libros e material necesario no desenvolvemento do curso académico para educación infantil, materiais didácticos para ciclos formativos e bacharelato ou asistencia a comedores escolares durante o curso para o segundo ciclo de educación infantil, primaria e ESO, entre outros.

Poden optar a estas subvencións as persoas cuxa renta per cápita (RPC) en cómputo anual non supere o importe do IPREM anual (6.454’08 euros) e cursen estudos en: Escola Infantil Municipal de Ribeira, EEI Capela de Carreira, EEI Deán Grande, CEIP O Grupo, CEIP Palmeira, CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño, CEIP Plurilingüe de Frións, CEIP de Artes, CEIP de Olveira, CEIP Plurilingüe de Carreira, CPR Galaxia, Colexio Bayón, Colexio A Milagrosa de Oleiros, Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, CIFP Coroso, IES Número 1, IES Leliadoura ou outros centros educativos de fóra do municipio que oferten estudos non existentes en centros do concello.

Dita convocatoria será anunciada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web www.riveira.gal.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.