O colexio de Palmeira premiado polo seu proxecto de formación do profesorado

20 XuƱo 2019

20190620. O CEIP Plurilingüe de Palmeira resultou ser un dos oito centros de Galicia en recibir os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2018 outorgados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Este galardón recoñece a calidade dos plans de formación deseñados polos propios colexios e institutos e desenvolvidos no curso 2017/2018.

AsĆ­, a directora do centro ribeirense, Noelia Rebollido, explicou que o proxecto abranguĆ­a varias liƱas. A primeira baseouse na integración didĆ”ctica das TIC para que o alumnado, mediante o ordenador, poida traballar tódalas materias do nivel no que se atopen englobando as materias curriculares. Coa segunda, iniciaron a construción dun patio sensorial no centro para que os pequenos tivesen unha zona de ocio mĆ”is interactiva. A terceira centrouse en que o profesorado de infantil organizou un grupo de formación para preparar material adaptado ao nivel dos cativos baseado en contos. A cuarta liƱa fundamentouse na maquetación de vĆ­deos, “na que o resultado final foi coma un telexornal falando en pasado un pouquiƱo de todo o que os rapaces viviron no cole durante todo o ano.”

A directora foi a encargada de recoller o premio na entrega celebrada onte.

Outros artigos

Ribeira busca terreos para albergar o novo centro de saĆŗde

O Concello de Ribeira buscarÔ parcelas adecuadas no centro da cidade para a construción do novo centro de saúde. Estas parcelas deben estar ben situadas e con fÔcil acceso ao transporte público. Cando se sitúen, ofreceranse a Sanidade para a construción do...

+


Publicidade



Revista en papel



Opinión