O Centro Cultural Lustres Rivas exhibirá a colección ‘Encontros’

17 Xuño 2019

20190617. Un total de 24 creadores pertencentes á Asociación de Artistas da Coruña expoñerán a partir deste venres no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a colección Encontros, a cal se inclúe na programación do Xuño da Cultura e as Artes e a inauguración terá lugar este venres día 21 de xuño ás 21.00 horas.

Os autores participantes son José Antonio Varela Busto, Fernando Rivera Frade, Jaime Muinelo Grueira, Ricardo Pena-Cagigao, Antonio Cuadrado González, Francisco Otero Parra, Teresa López Ameijeiras, María José Freire Cisneros, Ángeles Bello Álvarez, Rebeca Novo Castro, Marisé de Andrés Cores, Ulpiano Guitián Freire, Dolores Vivero, Francisco García Ibarra, Miguel Zelada Jurado, Antonio López Portero, María José Fiaño Lois, Maricarmen Calviño Iglesias, Joaquín Castiñeira Bermúdez, Giovanni Ramírez, Marisa Rodríguez García, Marcial Ortiz Martín, Chelo Lema Varela e Luis Francisco Colino Incera.

A Asociación de Artistas da Coruña foi fundada no ano 1934 por unha serie de persoas vinculadas ao mundo da arte, entre as que cabe destacar a José Seijo Rubio, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Llorens, Dolores Díaz Baliño e Rafael González Villar. Case desde a súa fundación tivo a súa sede e sala de exposicións na rúa Rego de Auga, 32 baixo da Coruña onde desenvolveu un inxente labor de fomento e divulgación da arte galega, realizando un gran número de exposicións. Pola sala tamén pasaron figuras como Díaz Pardo, Colmeiro, Laxeiro, María Corredoira, Lago Riveira e un longo etcétera que forman xa parte do patrimonio histórico artístico de Galicia. Na actualidade centra a súa actividade en difundir na provincia o facer artístico dos seus asociados.

A mostra poderá ser visitada ata o 27 de xullo, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

110 persoas participaron na ruta rosaliana As Pegadas de Rosalía

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron este pasado sábado, 14 de setembro, unha saída pola ruta rosaliana que transcorreu polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en...

+

O 12 de outubro celébrase a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe

O vindeiro 12 de outubro o Concello de Dodro organiza a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe. Segundo fixo saber o Concello, as persoas participantes das categorías de base terán distintos circuítos en función da súa idade. As categorías absolutas disputarán un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión