O BNG ribeirense reitera a súa abstención na investidura

13 Xuño 2019

De cara ao pleno de investidura do sábado e ante os últimos acontecementos, os nacionalistas de Ribeira quixeron remarcar que non van “entrar nas liortas que existen entre o PP e o PBBI”, ademais de que consideran que a formación liderada por Vicente Mariño non é o cambio para o municipio, “pois os seus máximos dirixentes tiveron cargos e responsabilidades políticas no PP e C’s, desde tenentes alcalde e deputados no Parlamento Galego polo PP ou mesmo candidatos de Ciudadanos.” Deste xeito, reiteran que se absterán porque “non imos favorecen ningún goberno de dereita.”

Así mesmo, indican que lles sorprende que outras organizacións políticas aposten por investir unha forza política “creada por carraxes persoais e cuxos dirixentes defenderon ferventemente as políticas de dereita máis duras, opacas, antisociais que permitiron recortes de servizo públicos, involución de dereitos sociais, etc.” Tamén consideran que “o primeiro e máis importante” son as políticas en favor da veciñanza que permitan mellorar a súa vida e “nunca as prebendas, os cargos ou as asignacións económicas”, polo que respectarán o acordado na asemblea local porque “ningunha presión forzará un cambio no posicionamento do Bloque.”

Ademais, quixeron lembrar que o pasado mes de maio, o 64% da veciñanza de Ribeira votou por PP e PBBI, os cales obtiveron 16 dos 21 escanos da corporación municipal. Por esta razón, manifestan que non lle darán o seu voto a ningunha das dúas forzas e que desenvolverán unha oposición “seria, responsábel e construtiva polo ben xeral do concello e dos seus veciños e veciñas.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.