O BNG ribeirense propón unha serie de accións en defensa das liberdades LGBT

27 Xuño 2019

20190627. Coincidindo coa celebración do Día do Orgullo LGBT que se festexa o 28 de xuño, e cando se compren cinco décadas do inicio desta reivindicación, os nacionalistas de Ribeira demandan unha maior implicación por parte do Concello neste ámbito.

O concelleiro Luís Pérez Barral reclamou esta mañá do Concello “un compromiso efectivo, un compromiso material e concreto, a favor da diversidade sexual.” Ademais, puntualizou que “non son capaces nin de pendurar a bandeira do arco da vella e por iso o ano pasado o fixemos nós mesmos. Desde o BNG entendemos que Ribeira ten que desenvolver accións concretas e despregar recursos.”

Deste xeito, Pérez Barral propón a posta en marcha dun Programa municipal de información e atención ao colectivo LGBT que, entre outras cuestións, teña como prioridade despregar campañas de sensibilización fundamentalmente nos centros de ensino do municipio, pois “sería un erro dar por completamente normalizada a realidade diversa, de diversidade de tendencias e identidades sexuais, cando seguimos asistindo a casos de discriminación, a casos de acoso e mesmo medo a visibilizar a condición afectivo-sexual no eido laboral” e que a maneira máis propicia para enfrontar esta realidade é “actuar desde a sensibilización, a concienciación social e a visibilización dos diferentes modelos afectivos, sexuais e de familias.”

Respecto ao obxectivo desta medida, Barral explicou que se trata dun programa para dar apoio económico, técnico, ao traballo que desenvolve o tecido asociativo, polo cal “desde as institucións débense facer accións mais tamén apoiar aos colectivos para que tamén desenvolvan traballo para evitar todo tipo de discriminacións, un ámbito no que habería que actuar sería por exemplo o deportivo.”

Así, defenden que desde o ámbito municipal se supla “unha carencia existente resultado da década de recortes impostos polo Partido Popular desde a Xunta” e que Pérez Barral exemplificou na supresión dos Centro Quérote que prestaban servizos de orientación afectivo-sexual, considerando que “Ribeira é unha vila diversa e desde o goberno débense defender os dereitos sociais e iso pasa tamén por defender, no concreto, con actuacións afectivas, as liberdades sexuais.”

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.