O BNG rexeita o depósito de lodos do río Lérez na bocana da ría de Arousa

27 Xuño 2019

20190627. A deputada e portavoz de pesca do BNG, Montse Prado, formulou unha pregunta ao goberno sobre o anuncio de Portos de Galicia para depositar os lodos procedentes da dragaxe do río Lérez nunha zona próxima á illa de Sálvora.

Na súa intervención, Prado lembrou que a finais dos anos 90 o Estado español fixou un lugar entre as illas de Sálvora e Ons para verter os lodos e residuos procedentes das obras de ampliación de peirao de Ferrazo, en Vilagarcía de Arousa, e que desde esa data foron toneladas de metros cúbicos os depositados no lugar que se converteu nunha “auténtica montaña cunha área similar a varios campos de fútbol e metros de altura.”

A deputada tamén explicou que o punto de vertido é un espazo protexido e forma parte do parque das Illas Atlánticas, Zona CEPA e área Ospar cuxo obxectivo é conservar os ecosistemas mariños, prevención e eliminación de contaminación.

Así mesmo, a nacionalista recalcou que “non podemos permitir” a existencia dun depósito con toneladas de residuos na bocana da ría de Arousa, poñendo en risco o ecosistema e riqueza ambiental da ría galega máis produtiva.

O BNG amósase contrario ao vertido e á permanencia do depósito na canle de entrada á ría “pola que entra a corrente oceanográfica que provoca o afloramento na ría de Arousa, e polo tanto, todo o que se deposita lévao a corrente e os temporais dispérsano ría dentro.” Ademais, acusou á Xunta de Galicia de “irresponsable” e de aplicar unha política contraria ao sector extractivo da ría arousá, “estratéxico, pola riqueza e emprego que xera: o 44% das mariscadores a pé, o 68% das bateas de mexillón e o 41% das embarcacións de artes menores”, así como unha frota pesqueira composta por máis de 1.700 embarcacións de pesca e máis de 800 auxiliares de pesca e acuicultura.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.