O BNG postúlase contra o proxecto de instalación de contedores no peirao comercial

21 Xuño 2019

20190621. Os nacionalistas da Pobra do Caramiñal tamén quixeron expoñer a súa postura respecto do proxecto de instalación dos contedores para peixe conxelado no peirao comercial. Para iso tamén contaron coa presenza de Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galicia.

Ramiro Ouviña, do BNG pobrense, sinalou que como grupo denuncian “practicamente a privatización encuberta dunha ampla área da explanada” do porto. Segundo expuxo, o problema de dita instalación sería que “impide por completo o normal desenvolvemento das operacións, tal e como agora se viñeron facendo.” Así mesmo, indicou que os túnidos descárganse directamente a uns camións frigoríficos que teñen unha mecánica de carga pola cal necesitan un amplo espazo para manobrar e moverse, polo que “dita instalación da que estamos a falar limita absolutamente eses movementos.” De feito, fixeron a demostración dun camión cando estaba na parte final da súa carga e o morro do vehículo quedaba a menos dun metro da zona onde se instalarían eses contedores.

Ouviña tamén manifestou que o BNG non está desconforme coas posibilidades de aumento e de mellora, pero “é que a 300 metros hai un montón de metros cadrados de terreos ociosos dentro das instalacións portuarias, dentro de Portos de Galicia, onde se poderían colocar perfectamente ese contedores sen causar ningún problema.” Por esta razón se puxeron en contacto co seu grupo no Parlamento galego.

Pola súa parte, Montse Prado expresou que “desde o noso punto de vista non é racional que se concedan 1.650 metros cadrados na zona de servizo do propio porto que interfire coa actividade normal en beneficio dunha empresa e en prexuízo do resto.” Deste xeito, pediron explicacións a Portos de Galicia, así como unha rectificación. Ademais, indicou que hai alternativas, xa que “hai zonas do porto que se poden habilitar como zonas de almacenamento.” Finalmente, afirmou que se reuniron con consignatarios e traballadores do peirao, os cales lle trasladaron que non se falou en ningún momento con eles.

Outros artigos

Inaugurada na Pobra unha exposición pictórica de Ricardo Leal

Unha trintena de cadros integran a nova exposición que loce na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Unha afección pola arte que Ricardo Real foi cultivando ao longo dos anos e que se materializou xa en mostras previas na Pobra do Caramiñal, así como en localidades...

+

A Protectora Moura dará o pregón do Nazareno 2024

Para as Festas do Nazareno 2024, previstas na Pobra entre os días 13 e 16 de setembro, o Concello decidiu este ano que o pregón recaesenun colectivo: a Protectora Moura. Representantes desta entidade pronunciarán o discurso no venres 13, ás 21.15 horas, dende o balcón...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...