O BNG boirense apoia ao candidato socialista de cara a investidura

13 Xuño 2019

Os nacionalistas de Boiro fan público o seu apoio ao candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía no pleno de investidura que se celebrará o sábado. Deste xeito, consideran que facilitan un cambio no goberno municipal e que compren coa palabra dada “tanto a nivel Local como Nacional, sobre o feito de que naqueles supostos nos que dependa do BNG non haberá nas vilas e cidades do noso País gobernos do Partido Popular.”

A decisión foille comunicada aos socialistas boirenses desde a primeira toma de contacto entre ambas organizacións políticas. Indican que se trata dun apoio transmitido “sen condicións, respectando deste modo a vontade maioritaria da cidadanía de Boiro, e con total xenerosidade, consciente da importancia que para o noso Concello ten a posibilidade de contribuír a outra forma de facer política.”

A postura da asemblea local do BNG de Boiro foi clara e unánime desde o mesmo momento en que se coñeceron os resultados electorais do pasado mes de maio, “e consecuente coa forma de entender a política por esta organización, así como co traballo desenvolvido nos últimos catro anos, evitando o mercantilismo político e sendo coherentes.”

Así mesmo, os nacionalistas manifestan que queren distanciarse “daqueles actores políticos do noso Concello que levan anos decidindo a súa acción política en virtude de contraprestacións en moitos casos de carácter persoal que contribúen a denigrar as institución e ás persoas que forman parte delas.” Finalmente, sinalan que o apoio comprometido á investidura do candidato socialista, José Ramón Romero, “non pode entenderse, de aquí en adiante, como un cheque en branco”, ocupando o lugar que lles corresponda na lexislatura que está por comezar e seguirán traballando “en beneficio da cidadanía, antepoñendo sempre os intereses desta, desde a coherencia cos nosos principios e coa única finalidade de lograr un Boiro e unha Galiza mellor.”

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...