Nós Pobra valora as reunións mantidas co BNG e PSdeG-PSOE

08 Xuño 2019

O partido político encabezado por Xosé Lois Piñeiro, Nós Pobra, logrou ser a lista máis votada nos comicios municipais do pasado mes de maio, acadando 2.019 papeletas e 5 escanos. Estes datos tradúcense nunha melloría respecto ás eleccións do 2015, onde conseguiron 1.563 sufraxios e 4 edís. Uns resultados que a súa asemblea valora “moi positivamente” e considera que a formación “obtivo o respaldo maioritario da cidadanía e que temos a encomenda de tratar de acceder a alcaldía e formar goberno.”

Tamén sinalan que son “perfectamente conscientes” de que non contan coa maioría suficiente para asegurar a investidura do seu candidato como alcalde. Por esta razón, solicitaron manter reunións co BNG e co PSdeG-PSOE.

Ante a solicitude de que apoiasen a súa investidura, os nacionalistas responderon que os seus votos non eran necesarios, pois obterían a alcaldía por ser a forza máis votada. Así mesmo, Nós Pobra ofreceulle establecer un pacto de goberno, para o cal “evidentemente solicitamos a garantía de acceder á alcaldía co seu voto favorable. Quedamos agora á espera do que decida a súa asemblea e de como valore esta proposta.”

Respecto da primeira xuntanza mantida cos socialistas, a cal resultou “satisfactoria”, solicitaron o seu apoio na investidura e ofreceron a posibilidade de formar un goberno conxunto “baixo unhas condicións que, se ben se esbozaron alí, non quedaron aínda definidas.” Agora quedan á espera de que a asemblea socialista acepte a proposta de negociar un pacto de goberno.

Por todo isto, desde Nós Pobra non consideran asegurada a investidura de Xosé Lois Piñeiro como alcalde, así como a posibilidade de formar goberno, especialmente despois de que “o BNG anunciara publicamente a súa decisión de presentar candidatura e votar polo seu candidato.” Deste xeito, a falta de confirmación do voto do PSdeG-PSOE, apuntan que só existen dúas posibilidades: ou o PP vota polo seu candidato, dándolle a alcaldía a Nós Pobra por ser a lista máis votada; ou os populares votan polo BNG, outorgándolle o bastón de mando a Ramiro Ouviña.

A formación política manifesta que “a primeira opción é a máis acaída, a máis xusta e a que determinou co seu voto a cidadanía da Pobra. A segunda debería evitarse por parte das forzas da esquerda, optando pola abstención ou por non presentar candidatura.”

Outros artigos

A Pobra suma dúas novas citas coa cultura no Cantón da Leña

A programación cultural da Pobra do Caramiñal continúa a próxima semana con dúas propostas no Cantón da Leña. Sue Moreno, con 5.0, e Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizarán as funcións previstas para o martes 11 e o xoves 13 de agosto, ambas ás 20.30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.