Nós Pobra necesitaría apoio para revalidar a alcaldía

05 Xuño 2019

Na Pobra Do Caramiñal non foron significativos os cambios que se produciron despois dos comicios municipais celebrados o pasado mes de maio. Nós Pobra converteuse na lista máis votada alcanzando 5 escanos. Debido a que a maioría absoluta estipúlase en 7, tería que lograr o apoio do BNG ou do PSdeG-PSOE para acadar o bastón de mando. Deste xeito, Xosé Lois Piñeiro García repetiría como alcalde en minoría outra lexislatura.

Por outra banda, o PP liderado por Manuel Durán Guillán mantivo os 5 concelleiros cos que xa contaba, mentres que o BNG capitaneado por Ramiro Ouviña Ouviña obtivo 2 actas e o PSdeG-PSOE encabezado por Patricia Lojo Nine conseguiu conservar o seu único edil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.