José Ramón Romero asume o bastón de mando boirense

15 Xuño 2019

En Boiro, o socialista José Ramón Romero García asumiu o bastón de mando co apoio de BNG, Boiro Novo e IC Boiro. O líder do PSdeG-PSOE manifestou que tiña confirmados os votos destas tres agrupacións desde facía dúas semanas. No momento de introducir as papeletas na urna, PSdeG-PSOE, BNG, Boiro Novo e IC Boiro amosaron o seu voto aos presentes. Despois do escrutinio chegou o momento das intervencións.

Dores Torrado, de Boiro Novo, explicou a decisión da súa agrupación aducindo que os socialistas deberán atender as necesidades que eles consideran prioritarias tales como a reapertura de Radio Boiro, a construción dunha residencia pública, a rehabilitación da rúa Principal, a restauración do Pazo de Goiáns e a mellora dos servizos sociais xunto cun plan que acometa o saneamento integral, entre outros. Mentres tanto, Raquel Suárez, do BNG, expresou que así cumpriron co decantado pola veciñanza. Manuel Velo, de IC Boiro, aproveitou a ocasión para esixir transparencia e a participación de tódolos grupos ao longo dos próximos catro anos. Pola súa parte, Carlos Rodríguez, de Ciudadanos, manifestou que a resolución de votar por si mesmos veu dada pola asemblea, así como que a proposta dos socialistas non aportaría a estabilidade que necesita Boiro.

O xa exalcalde Juan José Dieste, do PP, brindoulle a súa colaboración e apoio ao seu sucesor e o novo rexedor anunciou que traballará por un municipio mellor.

Os concelleiros que entran na corporación municipal son Juan José Dieste Ortigueira, Fernando M. García Diéguez, Manuel Romero Vázquez, Carmen Beatriz Deus Míguez, Mª José Lorenzo Ouviña, Diego Santamaría Vila e Benigno Miguel González Bermúdez, do PP; José Luis Ruiz Laíño, José Marcos Fajardo Outeiral, Mª Luísa Outeiral Campos e Mª Luísa Collazo Tubío, do PSdeG-PSOE; Raquel Suárez Regades e Carlos Blanco Ansoar, do BNG; Dores Torrado Ares, de Boiro Novo; Manuel Velo Velo, de IC Boiro; e, José Carlos Rodríguez Muñiz, de Ciudadanos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.