Éxito do festival de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira

10 Xuño 2019

O Auditorio ribeirense acolleu a celebración do festival de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira. O espectáculo titulado Alicia no país das Marabillas contou coa participación dun total de 75 bailarinas e espertou o aplauso dos máis de 270 asistentes.

Ao longo de actuación foron aparecendo diferentes personaxes da obra de Lewis Carroll coma Alicia (interpretada por Sara González), Coello Branco (Celia Agra), o gato de Cheshire (Tatiana Esperante), a Raíña de Corazóns (Sara Martínez), ademais de bolboretas, reloxos, unicornios, eirugas, flores e corazóns, entre outros.

A obra estivo dirixida por Cristina Riveiro, profesora da Escola e responsable da coreografía adaptada, con música de Joby Talbot.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.