Concentración en contra da supresión dunha unidade no CEIP Santa Baia

19 Xuño 2019

20190619. Os proxenitores do alumnado do CEIP Santa Baia concentráronse ás portas do centro para protestar pola supresión dunha unidade en primaria. Segundo indicou Elena García Blanco, membro da directiva da ANPA e representante de pais no Consello Escolar do centro, en primaria teñen tres aulas por cada curso, mentres que en infantil teñen dúas aulas por cada curso. Dado que a ratio establécese en 25 escolares, neste ano académico non está completa a ratio no último curso de infantil porque hai 21 cativos nunha aula e 22 na outra, polo que “o que queren facer é reducir en primaria de tres aulas a dúas, co cal, a ratio queda ben legalmente.” Indica que isto tradúcese “nun problema de que non chegan as prazas, a masificación nas aulas e escaseza de persoal” e que por iso necesitan ter as tres aulas para que “en vez de ter 25 ou incluso 26 e 27 nenos, como nos pode pasar ao final, pois é preferible non encher as clases e ter 17 ou 18.”

Por outra parte, solicitan que se amplíe o persoal de apoio, os PT (Pedagogo Terapéutico) e os AL (Audición e Linguaxe) que atenden aos alumnos con necesidades especiais coma, por exemplo, os TEA (Trastornos do Espectro Autista). A razón radica en que “en poucos anos, pasamos de ter 24 nenos con necesidades especiais no cole, a ter 42 co mesmo persoal.” Polo tanto, explica que necesitan que se amplíe ese persoal, “auxiliares, un pedagogo máis e un profesional de Audición e Linguaxe máis”, xa que “non somos capaces de darlle as mínimas clases de apoio que precisan.” Deste xeito, os proxenitores, a directiva do centro e mais a ANPA procuran solucionar esta situación.

Ademais, teñen solicitada unha reunión con Indalecio Cabana, xefe territorial da Consellería na provincia de A Coruña, para trasladarlle directamente a súa queixa. Agora atópanse agardando a que os citen para a xuntanza, pois o ano académico chega ao seu fin e “necesitamos ter interlocutores antes de que acabe o curso ou, polo menos, a principios de xullo.”

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.