Comezan as Festas do Verán de Artes

14 Xuño 2019

A parroquia ribeirense de Artes celebrará durante tres días as súas Festas do Verán. O día de hoxe, na honra de San Antonio, amenceu ao son de dianas e alboradas para, ás 12.00 horas, dar paso á Misa Solemne e procesión. Pola tarde, ás 17.00 horas, comezan os festexos para os rapaces e, pola noite, o grupo Arena e a disco móbil serán os encargados de poñer á xente a bailar.

Mañá día 15 e na honra da Virxe do Carme, a veciñanza espertará coas dianas e alboradas. Ás 12.00 horas oficiarase a Misa Solemne coa posterior procesión. A noite será amenizada pola orquestra Los Trobadores e disco móbil.

O domingo 16, na honra do Sagrado Corazón de Xesús, a Misa Solemne terá lugar ás 11.00 horas. As sardiñas e o churrasco repartiranse a partir das 13.00 horas coa música a cargo do grupo 3.com ás 14.30 horas.

Ademais, o domingo 30 será a Festividade de Corpus polo que, ás 13.15 horas, haberá Misa Solemne cantada pola Rondalla de Aguiño e, a continuación, a Banda de Música de Negreira acompañará a procesión coas tradicionais alfombras florais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.