Clausura dos talleres de enriquecemento educativo de Palmeira e Ribeira

14 Xuño 2019

20190614 O pavillón de Palmeira foi o escenario escollido para a clausura do obradoiro de enriquecemento educativo no curso 2018-2019 que tivo lugar de outubro a xuño no marco do Programa de Dinamización Social e
Cultural dos Nosos Maiores que desenvolven os Servizos Sociais
Comunitarios.
Ata a aula multiusos deste centro desprazáronse un grupo da
localidade palmeirá e dous de Santa Uxía co fin de escenificar un
peche no que distintas asistentes deron lectura a un traballo
elaborado no transcurso do taller que versou sobre catro entidades
Patrimonio da Humanidade: a catedral de Santiago, o camiño de
Santiago, as murallas de Lugo e a torre de Hércules da Coruña.
Ata alí se desprazou tamén para felicitalas por tan bo traballo o
tenente de alcalde Emilio Pérez Outeirán.
O obradoiro estivo conducido pola voluntaria de Servizos Sociais,
Maruja Gago.

20190614 CLAUSURA DOS TALLERES DE ENRIQUECEMENTO EDUCATIVO DE PALMEIRA E RIVEIRA1
20190614 CLAUSURA DOS TALLERES DE ENRIQUECEMENTO EDUCATIVO DE PALMEIRA E RIVEIRA2

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.