Boiro Novo facilitará a investidura do socialista José Ramón Romero como alcalde

11 Xuño 2019

A formación política Boiro Novo mantivo contactos co PSdeG-PSOE de cara próxima investidura co obxectivo de trasladarlle varias medidas que consideran necesarias para acadar “ese goberno máis transparente e participativo que precisa o noso pobo.”

Entre estas condicións figuran a reactivación dos Consellos Parroquiais, do Consello Escolar Municipal, a reapertura de Radio Boiro, a implantación dos Orzamentos participativos e a flexibilización do regulamentos de participación cidadá, entre outras. Segundo a agrupación boirense, o partido liderado por José Ramón Romero amosouse “favorable a buscar procedementos para a súa implementación.” Deste xeito, a posición de Boiro Novo tamén é “favorable a facilitar a investidura do candidato socialista á alcaldía.”

Así mesmo, informaron aos socialistas da necesidade de abordar “varios retos urxentes que son fulcrais para o avance do noso concello tan pronto se constitúa un novo goberno.” Algunhas das prioridades da asemblea de Boiro Novo para acometer no comezo da lexislatura son iniciar os trámites para construír unha residencia pública, a execución “o antes posible” das obras do Club de Remo Cabo de Cruz, a rehabilitación da rúa Principal, a creación dun plan de mobilidade sostible e accesible, a restauración do pazo de Goiáns, a instalación dun parque infantil cuberto e a mellora dos servizos sociais xunto cun plan que acometa o saneamento integral.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.