As Illas Atlánticas no IV Maratón M-STARLIGHT

23 Xuño 2019

20190623.- Fotógrafos afeccionados de todo o mundo inmortalizarán os ceos nocturnos das Illas Atlánticas a próxima fin de semana.

O obxectivo é que grazas a este concurso de carácter internacional, no que colabora o Parque Nacional, se dea a coñecer o espectáculo que supón a observación astronómica en espazos naturais libres de contaminación luminosa
O certame celebrarase simultaneamente en 29 destinos de España, Portugal, Chile e Canadá que gozan da certificación Starlight, distinción avaliada pola Unesco para recoñecer as calidades para a observación nocturna que teñen algúns enclaves.
Os participantes deberán presentar tres fotografías tomadas entre a posta de sol do sábado 29 de xuño e o amencer do día 30 de xuño e que teñan o ceo como protagonista. O certame cumpre este ano a súa cuarta edición.

De forma paralela ao concurso, a organización, co apoio e a colaboración do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, ten previsto amais realizar unha serie de actividades lúdicas, de divulgación e formación abertas tanto aos fotógrafos afeccionados que pasen a fin de semana no arquipélago, como aos seus acompañantes ou calquera outra persoa que queira gozar das estrelas nestes paraxes únicos. Concretamente, este ano o programa centrarase tan só na illa de Ons, e constará dun curso de iniciación á Fotografía Nocturna de sete horas durante a tarde-noite do venres 28 e de varias charlas e actividades ao longo do sábado 29, de forma previa ao inicio do Maratón.

https://maratonstarlight.com

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.