Accidente de madrugada na zona de Deán Pequeno, en Ribeira

17 Xuño 2019

20190617. Entorno ás 04.00 horas desta madrugada, un vehículo da marca Citroën Xsara que circulaba por Deán Pequeno saíuse da vía pouco antes de chegar á fábrica de Congalsa, levando por diante dous postes do alumeado público e unha sinal de tráfico para, finalmente, chocar cun muro ocasionando danos nalgunhas vivendas. A pesar de que foron numerosos os danos materiais, non houbo feridos.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local de Ribeira, quen informou que o condutor deu positivo na proba de alcoholemia. Pola súa parte, os Bombeiros recibiron aviso ás 04.20 horas e procederon a limpar a calzada dunha mancha de aceite e dalgúns restos esparexidos do turismo, así como de apartar os postes á beirarrúa co obxectivo de que non entorpecesen o tráfico.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.