A Xunta inverte 14 millóns de euros na mellora do saneamento en Rianxo

18 Xuño 2019

20190618. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a inversión autonómica de 14 millóns de euros no saneamento e o sistema de depuración de Rianxo, a través das obras en execución do novo colector e tanque de tormentas e a ampliación da depuradora, cuxos traballos comezarán a finais desde mesmo mes, tal e como avanzou.

Vázquez Mourelle supervisou esta mañá as obras de execución do novo colector e tanque de tormentas acompañada do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Unha actuación que “se enmarcan na aposta que está facendo a Xunta para apoiar aos Concellos no desenvolvemento das súas competencias municipais de saneamento e depuración, e nas que se están invertendo 6’5 millóns de euros.”

Trátase da realización “dun novo colector interceptor de maior capacidade que o actual, duns 1.400 metros de lonxitude e dun tanque de tormentas soterrado” que permitirá regular o caudal que chega á depuradora almacenando, principalmente nos días de chuvia, as augas antes de ser bombeadas ata a depuradora, a través dun pozo de bombeo que se construirá contiguo ao tanque.

Segundo explicou, esta intervención “permitirá mellorar a calidade das augas e avanzar nesa importante tarefa de conseguir o saneamento integral da ría de Arousa, ao resolver os problemas actuais, derivados das elevadas infiltracións de auga na rede de saneamento do municipio, que fan que o actual colector chegue saturado ao núcleo urbano, provocando vertidos.”

Así mesmo, a conselleira anunciou que estas obras do novo colector e tanque de tormentas de Rianxo serán completadas coa ampliación da estación depuradora de augas residuais, tarefa que se iniciará a finais deste mes e á que se destina un presuposto de 7’5 millóns de euros.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade destacou que “esta ampliación da depuradora permitirá adecuar a capacidade de tratamento ás necesidades reais e solucionar a problemática actual derivada do excesivo volume de augas residuais en rede e da súa carga contaminante.” Deste xeito, fixo fincapé en que ambas actuacións permitirán “mellorar o servizo de saneamento e depuración que se lle presta aos veciños de Rianxo e, ao mesmo tempo, conseguir unha xestión eficaz e eficiente da auga que incidirá na mellora da calidade das augas da ría e na recuperación de zonas costeiras, algo esencial para a pesca, o marisqueo e o turismo da zona.”

Finamente, indicou que estas dúas intervencións atópanse recollidas no Plan de saneamento local da ría de Arousa e que neste caso, dada a lonxitude da costa desta ría e a súa alta ocupación, abordouse o saneamento redactando 5 plans diferentes pero coordinados entre si, entre eles, o Plan de saneamento local de Boiro e Rianxo. Ademais, apuntou que “desde a Xunta séguense dando novos pasos para completar o plan de saneamento local da ría de Arousa, con estas dúas novas actuacións aquí en Rianxo.”

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.