A Xunta chama á calma sobre o depósito dos lodos do río Lérez preto de Sálvora

11 Xuño 2019

A Consellería do Mar, dirixida por Rosa Quintana, mantén que se avanzará na dragaxe da ría de Pontevedra, facendo as xestións precisas “para atopar a mellor solución posible sen prexudicar ao sector pesqueiro e marisqueiro da zona.” Ao tratarse dun proxecto que está nunha fase “moi preliminar, sen ningunha decisión en firme” e á espera dos informes encargados para o seu deseño, o executivo galego pide “a máxima responsabilidade a todas as partes implicadas para que non se alarme de xeito inxustificado sobre esta actuación.” Tamén sinalan que o obxectivo é contar con todas as garantías de que as actuacións que finalmente se realicen son “as máis idóneas para todas as partes.”

Así mesmo, a Xunta decidiu cambiar o punto de vertido dos lodos do Lérez tras comprobar que a localización bloqueaba o proxecto. Ante esta situación, atópanse verificando a posibilidade de verter en puntos situados fóra da ría e xa autorizados en ocasións anteriores co obxectivo de axilizar a tramitación. Non obstante, afirman que non hai ningún punto elixido, senón que é algo que se está a estudar.

Neste sentido, a Consellería do Mar ten contratados os estudos para analizar a viabilidade dos puntos de vertido, sen tomar unha decisión definitiva ao carecer dos avais necesarios para levar a cabo a actuación, e por iso, manifesta que “é un erro grave e inxustificado falar dun punto de vertido definitivo cando eses estudos nin sequera están realizados”, así como que “para poder depositar os materiais procedentes de dragaxes en puntos de vertido no mar, os elementos que os compoñen, sexan lodos ou áridos, deben ser inocuos para a contorna.”

Por todo isto, a Xunta lanza unha mensaxe de tranquilidade ao sector do mar reafirmando o seu compromiso coa actividade pesqueira, marisqueira e náutico-recreativa da zona ao tempo que salienta que “nunca adoptaría decisións que os prexudicasen.” Ademais, está previsto que hoxe ás 17.30 se celebre unha xuntanza en Santiago de Compostela entre a conselleira do Mar, Rosa Quintana, o patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías, José Pérez, o seu homólogo de Aguiño-Carreira, José Antonio Santamaría, o alcalde en funcións de Ribeira, Manuel Ruiz, e o presidente da federación provincial, Daniel Formoso.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.