A Pobra loce praia apta para cans dende 2015

19 Xuño 2019

20190619 Os donos dos cans téñeno cada vez máis complicado para ir de vacacións, xa que proliferan os aloxamentos onde os animais teñen prohibida a entrada. De xeito paralelo, reducíronse nos últimos anos os espazos de lecer onde está permitida a súa presenza, mesmo os lugares naturais onde non hai tanto tempo corrían ceibos e felices: as praias. En Barbanza teremos cousas que cómpre solucionar, pero podemos gabarnos de ter un dos dous únicos areais de toda a provincia da Coruña que poden ser cualificados de can-friendly. Estamos a falar da praia do Areal da Pobra. O outro está en Ares, a carón do Club Náutico. Así nolo lembran estes días dende a web de Red Canina, moi centrada en achegar nestas datas apropiadas solucións estivais para as familias con cadelos.

Respecto da praia da Pobra, cómpre aclarar que non se trata de toda a praia do Areal, en pleno centro da vila, senón dunha zona acoutada e específica para os animais corran e xoguen en liberdade (os últimos 300 metros do areal). Ou, simplemente, para que estean alí cos seus compañeiros humanos, que é máis (moito máis) do que ofrecen na gran maioría dos concellos galegos, que poden presumir de ter máis de 700 areais pero de moi poucas oportunidades de lecer para quen desfruta na compaña dos seus amigos de catro patas.

A praia para cans da Pobra tamén se coñece como praia das Mariscadoras. É un treito de arena fina situado entre o centro da vila e o núcleo de O Xobre.

Ademais, é a quinta de Galicia en contar coa devandita cualificación. As medidas para convertela en can-friendly leváronse a cabo en 2015, coa implicación directa do Concello e da Asociación Vox Anima, que fixo a proposta e deseño o cartaz informativo.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.