A Feira do Libro de Galicia chega a Rianxo o 25 de xullo

26 Xuño 2019

20190626 As Feiras do Libro de Galicia (Federación de Librarías de Galicia) seguen o seu itinerario pola nosa terra, un percorrido descentralizador que complementa as recaladas nas grandes cidades coas estadías en localidades de menor tamaño pero que tanto en inverno como en verán atesouran importantes comunidades de seareiras e seareiros da lectura (e de todas as cousas que acompañan a publicación literaria). No que se refire a Barbanza, logo da visita a Ribeira está programada unha recalada de catro xornadas (entre o 25 e o 28 de xullo) en Rianxo.

Será a parada número doce dunha xira libreira que inclúe presentacións de libros, charlas coloquios, concertos e actividades infantís.

Logo da cita cambadesa (estes días pasados), a feira chegará mañá a Vigo, onde estará entre o 27 de xuño e 6 de xullo. As vindeiras citas serán nos municipios de Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e máis no de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.