A editorial Axóuxere lanza a convocatoria 2019 da súa residencia de escritores

14 Xuño 2019

Axóuxere, editorial e comunidade rianxeira de lectores e escritores, vén de lanzar oficialmente a edición 2019 da súa residencia-factoría de creación literaria. O obxectivo desta nova convocatoria: brindar un lugar para o pensamento e o pulo literario, “un lugar libre á marxe da panamétrica da sociedade do consumo e o espectáculo”. Como recordaremos, a residencia de escritores de Axóuxere atópase na localidade de Brión (parroquia de Leiro), en pleno ambiente rural-costeiro de Rianxo (moi preto das inspiradoras praias das Cunchas e Porrón), onde se brindan estadías a autoras e autores de todo o mundo para xerar novos proxectos ou dar forma a obras xermoladas previamente.

As residencias deste ano, co-organizadas coa Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo, desenvolveranse en dúas tempadas: verán (nos meses de agosto e setembro) e outono (entre os meses de outubro e decembro deste ano 2019), e até o 5 de xullo está aberto o prazo para presentar as propostas.

Quen precise máis información sobre as bases da convocatoria para as estadías de autores en diferentes linguas, pode recadar máis información a través do documento específico habilitado en PDF, o blogue de Axóuxere ou a conta de correo residencia@axouxerestream.com, ou ben chamar aos teléfonos 634 532 896 / 650 843 761 / 981 860 371.

A iniciativa de Axóuxere, unha proposta activa anual para fornecer “as condicións favorábeis para intensificar o proceso de creación literaria e o pensamento en contextos de traballo e aprendizaxe comunitarios”, contempla este ano a realización de cinco permanencias (cinco persoas) que se artellarán en dúas tempadas: a tempada estival (de agosto a setembro) e a tempada de outono (de outubro a decembro).

Para o seu desenvolvemento, as persoas elixidas residirán durante o tempo aproximado dun mes de estadía na casa, “en estreita relación coa comunidade das persoas que viven na aldea rianxeira de Brión”. A permanencia será de balde e cada beneficiaria ou beneficiario disporá dun cuarto individual con área de traballo de seu e con conexión a Internet.

A persoa residente comprométese a facer no Concello de Rianxo un seminario ou obradoiro de matrícula aberta e gratuíta, que terá unha duración mínima de 3 días. Igualmente, ofrecerá tamén unha conferencia, recital, conversa ou lectura pública no Concello de Rianxo ou noutros concellos da provincia da Coruña.

O programa está dirixido a “persoas de calquera nacionalidade que desenvolvan o seu traballo escriturario en calquera lingua e dentro de calquera xénero”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.