Xosé Lois Piñeiro García – Nós Pobra

22 Maio 2019

O equipo actual de goberno na Pobra, comandado por Xosé Lois Piñeiro, quere prolongar a súa actividade catro anos máis. O obxectivo primordial é manter a liña de traballo da lexislatura que estamos a piques de deixar atrás, a de priorizar a participación veciñal, e mesmo levala aínda máis lonxe. Nós Pobra acudirá a estes comicios como partido político (nas eleccións de 2015 fíxoo como agrupación de electores).

O actual alcalde da Pobra é profesor do IES Espiñeira de Boiro, ex-militante do BNG e de Compromiso por Galicia. En 2015 acode con Nós Pobra aos comicios locais e é elixido alcalde co apoio do PSdG e o BNG.

Piñeiro estará acompañado dos seguintes cabezas de lista: Rosario Varela Fernández, José Carlos Vidal Suárez, María Genoveva Hermo Santos, José Andrés Lojo Fernández, Estefanía Ramos Olveira, Juan Manuel Betanzos Castro, María del Carmen Senise-Rosales Paz, Guillermo Antonio Pérez Cameán e Sonia Pajuelo Rubio.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...