Manuel Ruiz Rivas – Partido Popular

21 Maio 2019

O actual alcalde de Ribeira e o seu equipo queren seguir a liña de xestión das anteriores lexislaturas, “onde se conseguiu un Concello con menos débeda e máis marxe para investir”, explica o rexedor, engadindo que “Ribeira é hoxe a segunda cidade de Galicia con menos paro”. O grupo local do PP aposta nestes comicios pola representatividade (están presentes todas as parroquias e todos os ámbitos sociais), pola presenza feminina (hai 11 mulleres e 10 homes) e pola renovación.

Ruiz Rivas, nado en Ribeira en 1957, é avogado e xestor de actividades deportivas, e foi concelleiro da súa cidade entre 1987 e 1997 e deputado do Parlamento de Galicia dende 1993. Esta, de conseguila, sería a súa terceira lexislatura local. 

Na cabeza do seu equipo para as eleccións locais (renovado nun 66%) están María José Sampedro Fernández, Ana Isabel Ruiz Reiriz, Ramón José Doval Sampedro, Emilio Pérez Outeiral, Ana Isabel Barreiro Rego, Víctor Reiriz Lampón, Juana María Brión Santamaría, Elvira Pereira Ageitos, Javier Ventura Sampedro e María Dolores Sampedro Tato.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.