O público pobrense mergullouse na historia de “Las tribulaciones” de Bruno Lamas

26 Abril 2024


Finais da década dos 70. Un xornalista dun importante diario da Coruña. Unha colaboración coa Brigada Político-Social, a policía do réxime franquista, que xorde do azar.
Bruno Lamas é o personaxe ficticio que protagoniza a nova obra de Juan Galán. Nun cento de páxinas relátase a historia dun antiheroe golpeado polo destino e decisións desacertadas.
O autor presentou a súa novela na tarde deste 26 de abril, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, onde estivo arroupado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
Este non é o primeiro libro que publica Galán, quen xa conta con varios traballos na súa carreira literaria. Con relación aos mesmos, a edil puxo de manifesto que abordan o noso pasado recente unindo ficción e episodios históricos. “Nalgúns dos seus textos introduce o concepto da memoria histórica, polo que á súa faceta como escritor suma a de investigador nesta materia, tal e como sucede en Las tribulaciones de Bruno Lamas, no que conxuga a condición humana e a crónica social e política”, precisou Lojo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...