O PP de Ribeira pide habilitar unha marquesiña nos Areeiros e levantar a altura do balado da pista deportiva de Punta Castro

27 Abril 2024

O Grupo Popular de Ribeira, a través do concelleiro Alejandro Vidal, presentou dúas propostas relativas ás infraestruturas de Castiñeiras, unha que pon o foco na necesidade de habilitar unha marquesiña na estrada principal e outra relativa ao equipamento deportivo do parque de Punta Castro.

Respecto da primeira petición, esta faise eco das demandas dos veciños de Areeiros, que, segundo os populares, “levan tempo demandando unha marquesiña para poder esperar o autobús sen ter que estar á choiva nos días de inverno”. Atendendo á súa petición, o grupo municipal foi comprobar in situ cos veciños cales poderían ser as mellores opcións para a súa colocación da dita estrutura. “Tendo tamén coñecemento de que dita estrada pertence á Deputación da Coruña, somos conscientes de que se precisa ter as autorizacións sectoriais requiridas”, explica o PP de Ribeira, concretando en dous puntos a súa proposta:

-“Solicitar á Deputación da Coruña os permisos pertinentes para a ampliación da beirarrúa, se incica na fotografía, e que se poida cumprir ca accesibilidade”.

-“Utilizar unha das marquesiñas que se atopan provisionalmente no entorno do Mercado Municipal, xa que esperemos que máis pronto que tarde os autobuses poidan empezar a facer uso da nova Parada Central”.

Respecto da pista multideportiva de Punta Castro, se ben o PP mostra a súa satisfacción pola obra levada a cabo recentemente polo Concello e que consistiu na mellora do balado da pista, sinalan que “ao pouco tempo de ver rematada a obra atopámonos cunhas inquedanzas e queixas formuladas polos veciños”.

Segundo indican, na pista “puidemos comprobar a preocupación de nais e pais cando os nenos e nenas xogan ao balón, xa que
se atopan con que nos fondos onde están situados os arcos de portas o balado solo esta 30-40 cm por riba do longueiro e nun
dos fondos, a 10 metros, está un pequeno acantilado que cae no mar; por outro lado pódese ver que a menos de 10 metros atopamos unha estrada principal con tráfico bastante denso”. O grupo popular di que ditas queixas “teñen o seu razoamento, xa que por un dos fondos perdéronse varios balóns por caer ao mar, ademais de ser unha zona perigosa para recoller os cativos, e polo outro fondo xa os balóns golpearon vehículos que pasan pola estrada”.

A proposta concrétase na seguinte petición: levantar nos fondos das pistas a lo menos 2 metros a altura do balado, para o cal pode utilizarse perfectamente rede de corda como a que se coloca nos campos de fútbol municipais.

Outros artigos

Venres 10 de maio, sen cambios no tempo

O venres continuará a influencia anticiclónica sobre Galicia pero con algo de inestabilidade. Teremos néboas en comarcas do interior que deixarán paso a ceos con intervalos de nubes de tipo medio e alto con posibilidade á tarde de que se rexistre algún chuvasco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

El deseo de ganar le hace ganar. Blanco sobre negro. Hay sí preparación, concentración, incluso fanatismo. Hay estrategia, próxima al ajedrez o a la guerra, o al ballet incluso cuando se roza el virtuosismo de una gambeta, un regate, o se alcanza el balón para...

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

Un estudio realizado pola Fundación Santa María La Real, entidade sen ánimo de lucro,“privada e independente”, identifica, define e cataloga vinte e catro tipos de paisaxediferentes nas cinco Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño de SantiagoFrancés, que...