“Medo e decepción” – José Manuel Pena

24 Abril 2024

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que temen que a favor do que esperan deles. Se é así moitos preguntámonos que é o que nos está pasando, cando aceptamos situacións de dominación social cuxo nivel de arbitrariedade e inxustiza son tan manifestos?

Tolstoi dicía que “non hai condicións de vida ás que un home non poida afacerse, sobre todo se ve que son aceptadas ao seu ao redor”. Mentres as cousas sigan así, nesta época de crise e de crecente desigualdade social, será imposible buscar solucións comúns a problemas que non se viven como tales. Observando a realidade social actual é evidente que existe un claro pasotismo, servidume voluntaria e sometemento dunha gran parte da poboación ante situacións inxustas; é a propia cidadanía a que se escraviza a pesar de saber que non somos cousas, pero acabamos consumíndonos como tales, tratámonos como mera mercadoría, en demasiadas ocasións.

O poder político e financeiro encárgase de enchernos a vida cotiá de episodios de criminalización, de modo que os problemas de saúde causados por algún tipo de desnutrición infantil atribúese ao descoido da nai; a destrución da natureza impútase á necesidade de crecemento; as mutilacións en accidentes de tráfico non son causadas pola situación das estradas senón pola distracción do condutor; o desafiuzamento da vivenda responde máis o descoido do cidadán que á corrupción do sistema ou os recortes sociais son obra do saneamento colectivo e non do fascismo financeiro. Actualmente estamos a chegar a unha situación na cal máis que decepcionarnos do gobernante, estamos decepcionados de nós mesmos, da nosa capacidade para deixar de comportarnos como meras marionetas e todo iso grazas ás políticas do medo.

Outros artigos

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...

+

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

+

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión