Convocadas 16 manifestacións por toda Galicia polo Día do Traballo, entre elas unha en Ribeira

30 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións nos diferentes municipios galegos para conmemorar o Primeiro de Maio.
A CIG convoca este 1 de maio manifestacións nos diferentes municipios galegos, na maioría entre as 11 e as 12 da mañá. As principais razóns das mobilizacións son a esixencia dun traballo digno, o “non á guerra” e a loita contra o imperialismo e pola
soberanía dos pobos. Os municipios convocados as 12h. son: Vigo na Dobrada, Cee na Praza de Otero Lastres, A Coruña na Praza de Vigo, Vilagarcía na Casa do Mar, A Estrada na Praza do Mercado, Ferrol no Local Sindical, As Pontes na Praza do Carme, Santiago de Compostela na Praza Roxa, Ribeira na Praza do Peixe, Lugo no Edificio Sindical, Verín na Praza do Concello e O barco de Valdeorras na Praza do Concello. Comezarán media hora antes en Pontevedra na Praza da Ferrería e en Ourense na Praza Maior. Cangas será o único municipio no que a manifestación comezará ás seis da tarde na Praza do Concello.

Paulo Simón Carril Vázquez, secretario xeral da CIG, denunciaba nunha rolda de prensa o aumento da precariedade laboral e da poboación en risco de exclusión, advertindo que o contrato que máis leva medrando dende o 2021 é o do tipo fixo discontinuo, apuntando ademáis que o 75,5% das persoas con contratos parciais son mulleres. Tamén quixo remarcar a “crueldade” de Occidente ao apoiar o “xenocidio do pobo palestino”, outra das protestas pola que se covoca a manifestación.
Outro dos datos que máis preocupan é o do paro xuvenil, a taxa subiu en Galicia tres puntos no primeiro trimestre, en comparación co mesmo período de 2023, ata situarse no 22,3%, cuns 35.500 mozos de entre 16 e 29 anos sen emprego. Así informaba un Estudo
publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollido por Europa Press, que indica que do total de 329.900 mozos que hai en Galicia, 159.200 son poboación activa (que teñen ou buscan emprego). Do conxunto de mozos sen emprego, uns 10.000 buscan
o seu primeiro traballo, mentres que 25.500 xa tiveron un contrato previamente. (Antía Pereira Rodríguez).

Outros artigos

O Concello recoñece os logros do Natural Sport de Ribeira

O Concello de Ribeira organizou este martes 21 de maio un acto de benvida e recoñecemento ao Club Natural Sport, co obxectivo de distinguir aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024. A cita tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban...

+

Outes deu acollida ao I Encontro de Zanfonas Roda e Ludra

O domingo 19 de maio celebrouse na Casa da Cultura de Outes o I Encontro de Zanfonas (Roda e Ludra). Contouse coa presenza da Asociación Cultural A Fuliada (Betanzos), a Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, a Escola de Instrumentos Populares Galegos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...