Andaina solidaria A Pobra do Caramiñal en marcha contrao cancro da AECC

28 Abril 2024


A Xunta Local da AECC na Pobra do Caramiñal, organiza a Andaina Solidaria A POBRA DO CARAMIÑAL EN MARCHA CONTRA O CANCRO que se celebrará o día 19 de maio. Para iso, convidan a participar á toda a poboación nunha andaina que se perfila adecuada para tódolos públicos, pois haberá un percorrido de 10 km para as persoas que estean máis afeitas a andar e outro de 5 km para todas aquelas que vaian con nenos e nenas ou que simplemente prefiran facer o percorrido máis curto. O prezo dos dorsais é de 5€ para as persoas adultas e de 3€ para nenos e nenas ata 12 anos, ademais coa inscrición
recibirase unha pulseira reflectante. As inscricións poden realizarse presencialmente en FARMACIA MARÍA ABEIJÓN, FARMACIA TATO, FARMACIA ELSA PEÑARANDA MARTÍNEZ, FARMACIA MANUELA BARROSA, ATMÓSFERA SPORT MANIOTAS/ SPORTMODA, MUEBLES LIJÓ E NAS MESAS INFORMATIVAS DA ASOCIACIÓN situadas NA PRAZA DE MAURA OS MÉRCORES e SÁBADOS de 11:00 a 13:30 E DOMINGOS DE 11:30H A 14:00H. Tamén se poden realizar en liña na páxina web: https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/a-pobra-en-marcha-contra-o-cancro-2024
Antes de comezar a Andaina, amenizarán a Praza Alcalde Segundo Durán, @s alumn@s da clase de Batucada Marcos Outeiral e tras a Andaina haberá unha actividade para nenos subvencionada pola Clínica Dental Doutor Gonzalo López Castro e a actuación altruísta de DJ Jalaiko. Así mesmo, agradecer á empresa Congalsa pola doación realizada para a adquisición do avituallamento necesario e a todas aquelas persoas que de maneira desinteresada están axudando na organización deste evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...