A Pobra reivindicou os seus tesouros no Día dos Monumentos e Sitios

22 Abril 2024

Máis de trinta e cinco persoas redescubriron parte do patrimonio local a través da visita comentada As casas institucionais dos concellos do Caramiñal e da Pobra, a cargo do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González.

O cruceiro de Entre Vilas, a Casa da Cadea e mailo Consistorio son os tres espazos que se redescubriron, ademais de se facer a entrega de trípticos informativos.

Esta foi a actividade que impulsou o Concello da Pobra do Caramiñal para conmemora-lo Día Internacional dos Monumentos e Sitios, no 18 de abril, se ben este itinerario patrimonial e cultural se desenvolveu na mañá do día 21 de abril para facilita-la asistencia.

Outros artigos

Luns chega o sol e empezan a subir as temperaturas

O comezo da semana traerá unha xornada de transición na que as altas presións irán achegando estabilidade de xeito progresivo. Así, amenceremos con moita nebulosidade e néboas en puntos do interior; esas néboas tenderán a desaparecer, pero a nebulosidade manterase ao...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...